Qué é o programa de mecenazgo?
O Programa Mecenazgo é un novo programa creado por Estudio Sete para impulsar ás persoas que queiran adicarse ao mundo do podcast. Buscamos persoas con grandes ideas para un podcast pero que aínda non teñan a audiencia nin os recursos necesarios. O obxectivo é brindar apoio, ofrecendo orientación na produción, tempo nun estudio de gravación sen custo.
¿Como podo formar parte do Programa Mecenazgo?
Podes inscribir a túa idea mandando un correo a: ola@estudiosete.com unha vez recibida a tus petición, recibirás un formulario no que poder detallar a túa idea.
¿Ata cando podo enviar a miña proposta de podcast?
En calquera momento. O día que pechemos prazas, esto desaparecerá da web 🙂
¿Cales son os beneficios para as persoas seleccionadas?
Terán a posibilidade de unirse á Familia Estudio Sete e grabar o seu podcast sen custo no noso estudio en Santiago de Compostela. Ademais, traballarán co equipo de Estudio Sete para desenvolver a identidade visual do podcast e o plan de promoción de cada un dos episodios. Con ese apoio, terán a oportunidade de producir polo menos seis meses de contido semanal que se publicará en todas as plataformas de podcasts, con posibilidade de converterse nun podcast exclusivo de Estudio Sete (recibindo un pago por episodio) no futuro.
Os seleccionados terán horas gratis no noso estudio de grabación.
Se es selecionadx, poderás grabar o teu podcast de forma gratuíta no noso estudio profesional en Santiago de Compostela , co apoio do noso equipo. En canto ao estudio de grabación, atópase nas nosas oficinas na rúa Pérez Costanti, 15.
Ali poderás aproveitar ata 5 horas de grabación gratuítas á semana. Non deixes pasar esta oportunidade única para facer realidade os teus soños no mundo do podcasting. Únete a Estudio Sete e convértese no podcaster que sempre desexaches ser. Inscríbete agora e déixanos axudarte a destacar no apasionante mundo do podcasting.
¿Cales son os criterios de selección?
Para seleccionar aos membros do Programa Mecenazgo, Estudio Sete avaliará a creatividade da idea orixinal, a capacidade narrativa do episodio piloto, o carisma dos presentadores e a dispoñibilidade e gañas que teñan de converter o seu proxecto nun traballo a longo prazo.
¿A candidatura é individual ou aceptan grupos?
A candidatura pode incluír o traballo de varias persoas. Na descrición do programa debe incluírse o nome e apelido de cada unha das persoas involucradas.
¿Podo presentar un podcast que xa existe?
Sempre e cando sexas quen creou orixinalmente o contido e non tiveras ningún contrato de exclusividade con outra plataforma.
¿Qué tipo de podcasts estades buscando?
Buscamos programas con episodios de non máis dunha hora, de calquera temática aínda que preferimos a non ficción. O máis importante é que sexa unha idea orixinal e que veña de creadores dispostos a poñer o tempo e o traballo que require facer crecer a audiencia dun programa. Valoramos sobre todo o contido en galego.
¿Podo enviar unha proposta de vídeo podcast?
Claro! Se queres producir un vídeo podcast, o noso estudio está habilitado para facelo.
¿Tes máis preguntas?
Contacta co equipo de Estudio Sete.