En Estudio Sete estamos emocionados de colaborar co podcast Prendidísima de Mai Insúa, un espazo sonoro cheo de enerxía, conexión e presenza. Este podcast trae algo esencial para os tempos que corren: a posibilidade de desconectar da virtualidade e reconectar coa vida real, con conversas que non caben nun reel de Instagram.
Os directos de Prendidísima teñen o seu campamento base en A Estación, un espazo de proxectos, cultura e creación que, ademais, foi unha antiga estación de ferrocarril de 1958. Este lugar, cheo de historia e vida, acolle as nosas conversas e a súa enerxía envolvente, facendo que cada episodio sexa unha experiencia única para todos.
Cando soñaba este podcast, soñaba que tiña a súa propia música e que a facía ela.
Dime quen se non fai isto, forte e suave, power e cute, cálido e quente. Isto que soa queer e soa a tías e que fala de entender no profundo por que existe este podcast, e estar e relacionarse dende aí.
Cando soñaba esta música, soñaba que vos facía bailar soas un pouquiño ao poñer cada episodio, que aos poucos ía soando “casa” e que nos directos, bailábamos xuntas.
Ela tomou o que soñaba e fíxoo mellor.
Isto é “RUSS – SÁFICAS” para Prendidísima
A primeira grabación en directo foi un verdadeiro momento de calor, conexión e celebración. Gracias a todas as que estivestes presentes e á enerxía que creamos xuntas, foi mellor do que imaxinei! Foi un pracer compartir esa enerxía coa audiencia e deixar que fluíse libremente.
Quero agradecer profundamente a todas as persoas que fixeron posible este momento:
- Grazas a Estudio Sete por materializar este proxecto e dar vida ás nosas ideas.
- A Henar Alonso Lombera por captar todas as vibes nas súas fotos.
- A Muller6Ollos por crear a identidade gráfica e a Visual Paulina Funes por continuala de forma tan fermosa.
- A DJ Misa GZ por envolverte cunha música que nos fixo sentir que cada comezo era unha celebración.
- A Uteranatura e Clara Leiros por abastecernos con todo o necesario para estar ben.
- A A Estación Cultural por abrirnos as portas do seu espazo cargado de historia e vida desde 1958.
E, por suposto, grazas a Andrea Nunes Brión, que compartiu con nós un episodio inolvidable. Non só foi a nosa primeira invitada, senón tamén unha amiga a quen admiro profundamente.
Prendidísima é máis que un podcast; é unha chamada a sentir, a estar presentes e a disfrutar xuntas. A cada episodio, esperamos que cada un de vós tamén se sinta parte deste movemento. Estade atentos, porque o episodio inaugural estará pronto nas plataformas.
Porque no medio de tanto ruído, o que realmente nos fai estar mellor é…
Máis simple