Empeza a formar online coa túa propia plataforma web. E ten un control sobre o teu negocio á vez que ofreces a mellor experiencia aos teus alumnos.
Academia online básica
Un servizo de deseño de academias en liña con todo o que necesitas para lanzar o teu negocio de formación.
¿Por qué deberías ter a túa propia plataforma?
- Pra ter un control total sobre o teu negocio.
- Os teus cursos e os teus alumnos son teus.
- Non caias na letra pequena dos marketplaces (Udemy, Teacheble, etc)
- É moi doada de manexar para ti e os teus alumnos.
Encargámonos de desenvolver unha plataforma onde os teus alumnos desfruten da súa aprendizaxe. Ti só debes preocuparte do mellor que saber facer: ensinar
Estudio Sete
Sen adornos
Unha academia lista para vender os teus cursos en liña. Crea cursos con módulos e leccións. Vende por unidade, por lote ou por subscrición.
- Creación da academia.
Deseño predefinido pensado para captar alumnos. - Personalización
Adaptación ás cores e tipografía da túa marca, introdución do teu logo, etc - Sistemas de pago
Integración con pasarela de pago Stripe, Paypal e banco propio. - Sistema sinxelo para que continues
Conxuntos de vídeos que te explican cómo manexar a túa plataforma.
¿Qué non inclue?
- Calquera tarefa non especificada anteriormente
- O deseño non é a medida, ven predefinido según a opción que elixas.
- O dominio e o hosting deberás contratalos ti (axudaremoste no proceso)
- O logo deberás aportalo ti nun formato adecuado
- As licenzas premium dos plugins so se incluen ao contratar o servizo de mantemento
- Elaboración e introdución do contido (textos, cursos, leccións, fotografías…)
- Futuros cambios ou ampliacións do sitio web.
O modelo ofrecido de academia en liña foi creado tendo en conta todo o que necesitas para comezar a formar en liña e xerar ingresos.
Sempre recomendamos comezar co mínimo e crecer en función das necesidades reais dos teus alumnos. Non obstante, se desexas incluír algunha funcionalidade ou apartado extra, isto presupostarase á parte e poderemos levalo a cabo sen problema.
E se o teu proxecto parte duns requirimentos únicos, distintos ao que ofrecemos, tamén podemos axudarte co noso servizo de deseño de academias en liña a medida (prezos a partir de 3.000€ + impostos).
Opinións de algúns clientes majos
E non, non lle pagamos para que digan cousas chulas de nós 😛
O servizo de creación de academias en liña foi excepcional. O equipo encargouse de cada detalle, permitindo que puidese lanzar a miña academia rapidamente. Ademais, a interface é intuitiva e sinxela de usar, o que facilita moito o traballo diario. Estou moi satisfeita cos resultados e recoméndoo sen dúbida.
María López
ClientaGrazas a este servizo, puiden converter a miña paixón pola formación nun negocio rendible. A flexibilidade para engadir funcionalidades extra foi un gran plus, e o soporte recibido durante todo o proceso foi excelente. A miña academia creceu significativamente en poucos meses.
Carlos Fernández
ClienteA experiencia foi moi positiva. Desde o primeiro contacto, sentín que entendían perfectamente as miñas necesidades. O deseño da academia é moderno e atractivo, e a plataforma é altamente funcional. Ademais, o asesoramento para comezar co mínimo foi moi acertado. Un servizo moi recomendable.
Ana García
Cliente¿Por qué traballar xuntos?
En Estudio Sete, comprendemos a importancia de ofrecer unha educación de calidade a través de plataformas dixitais. Coa nosa experiencia na construción de academias en liña, ofrecemos solucións personalizadas que se adaptan ás túas necesidades e obxectivos específicos.
1. Experiencia e Profesionalidade: Contamos cun equipo de expertos en desenvolvemento web e tecnoloxía educativa, con anos de experiencia no sector. Isto garante que a túa academia en liña será moderna, funcional e eficaz.
2. Solucións a Medida: Sabemos que cada proxecto é único. Por iso, traballamos estreitamente contigo para crear unha plataforma que reflicta a túa visión e que se adapte aos requirimentos dos teus estudantes.
3. Soporte Continuo: A nosa colaboración non remata coa entrega do proxecto. Ofrecemos soporte técnico continuo e actualizacións para que a túa plataforma siga sendo competitiva e fiable.
4. Innovación Tecnolóxica: Utilizamos as últimas tecnoloxías e metodoloxías de ensino para asegurar que a túa academia en liña sexa atractiva e eficiente. Desde aulas virtuais interactivas ata ferramentas de avaliación avanzadas, proporcionamos todo o necesario para unha experiencia educativa completa.
5. Rentabilidade: Ofrecemos prezos competitivos e un alto retorno de investimento. A nosa prioridade é maximizar o teu éxito sen comprometer a calidade do servizo.
6. Flexibilidade: Adaptámonos ás túas necesidades e prazos. Xa sexa que precisas lanzar a túa academia nun curto período de tempo ou desenvolver un proxecto a longo prazo, estamos aquí para axudarte.
Traballar con Estudio Sete significa escoller un socio comprometido coa túa visión educativa.
Xuntos, podemos construír unha plataforma que sempre quixeches.
E por suposto, ven gravar con nós ao estudio!
No noso estudio de gravación, ofrecemos o espazo ideal para academias online que buscan un espazo cómodo e profesional onde xerar o seu contido.
¿Quedamos pra falar?
Mostraremosche a demo de cómo é a academia por dentro e por fora
Falaremos do teu proxecto
Poderás facernos chegar as dúbidas que teñas sobre o servizo de Deseño de Academias Online